Pazo de Vilane
Pazo de Vilane leva máis de 20 anos producindo ovos campeiros de galiñas criadas en liberdade. O seu soño era “desenvolver un proxecto sostible e innovador no entorno rural”, e devolverlle a vida ao pazo familiar. Nas súas caixas de cartón hai ovos pero tamén respecto polo medio no que viven e o coidado dos animais, desenvolvemento social e rural ou recuperación do patrimonio arquitectónico de Galicia, entre outros valores.
Nós levamos tres anos botando unha man na xestión da comunicación a través da rede. Encántanos escapar a Vilane, a Antas de Ulla, recoller a vida ao redor do Pazo e nos campos rodeados de galiñas ou das prantas de froitos vermellos (coas que producen marmeladas artesanais). A través da páxina web e das redes sociais transmitimos unha maneira de entender o lugar no que vivimos que compartimos con Pazo de Vilane.
Tarefas
- Estratexia online
- Creación de contidos
- Xestión de redes sociais
- Email márketing