Formación para guiarte ca comunicación da túa empresa

O vindeiro mércores 25 de setembro, de 18:00 a 21:00, ou o sábado 5 de outubro de 10:00 a 13:00, en Cee –ti escolles que data che vén mellor–, en Arela impartimos unha pequena formación para axudarche ca comunicación da túa empresa. Non todos necesitamos unha páxina web moi complexa nin botar todo o día nas redes sociais. E hai máis ferramentas que podes usar para chegar aos teus clientes. Queremos dicirche que podes facer tendo en conta as túas necesidades e os teus recursos.

É frecuente que unha empresa teña unha web descoidada ou unhas redes sociais que ninguén actualiza por falta de tempo. E é normal, a vosa prioridade é outra. Porque ademais non tedes moi claro que beneficio vos aporta.

De que imos falarvos

  • Presenza de marca profesional. É importante que a imaxe da empresa sexa a mesma na rede que no mundo real. Debemos transmitir profesionalidade e confianza.
  • Páxina web. O primeiro é saber se a necesitades ou non e que tipo de páxina se adapta mellor a vós.
  • Redes sociais. Debedes ter redes sociais? Cal se adapta mellor ao voso caso? Como podedes actualizalas de forma rápida e efectiva?
  • Os contidos. Para facernos visibles na rede é importante crear contidos (textos, vídeos, etc.) sobre nós. Contidos que publicamos na páxina web, nun blog ou nas redes sociais.
  • Que máis podo facer? Hai outros camiños para chegar a máis clientes e para que falen ben de vós. 

Durante as 3 horas de formación analizaremos a situación de cada un dos asistentes. A idea é que todos poidamos aprender de todos, e que saiades pola porta ca receita do que a vosa empresa necesita. 

Tedes máis información e un formulario para inscribirvos na seguinte ligazón: https://xornada-auditoria.gr8.com/

Tamén podedes escribirnos ao correo ola@arela.gal, ou chamarnos ao 635 780 412 se tedes calquera dúbida.

Agardámosvos!

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da súa navegación. Se continúas navegando aceptas o seu uso. mais información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar