Formación CFR Pontevedra
Durante o mes de setembro impartimos a formación “Promoción en buscadores e redes sociais dunha tenda de comercio electrónico”, no Centro de Formación e Recursos do profesorado, en Pontevedra. Tres días nos que formamos a mestres de ciclos de comercio e márketing, e administración de empresas, sobre todos os temas implicados no desenvolvemento e correcto funcionamento dunha tenda de comercio electrónico.
Tratamos dende a creación do plan de márketing ou da estratexia de comunicación e contidos, ata o desenvolvemento de campañas e a medición de resultados, pasando por temas fundamentais relacionados con ecommerce como son o email márketing ou o SEO (posicionamento en buscadores).