Tamara Valverde

Tamara Valverde é unha deseñadora galega de moda que desenvolve a súa actividade entre Galicia e Cataluña. Baixo a marca Greenvalley leva varios anos deseñando e producindo prendas de moda infantil a medida e personalizadas.

O compromiso social de Tamara supón un reto á hora de desenvolver a súa actividade no mundo da moda e da confección téxtil, pero é unha firme defensora de que as pequenas accións son as que moven o mundo. Esta filosofía transmítese na súa forma de traballar, desde a aposta por materias primas naturais ao feito de que as súas prendas se confeccionen en España ou a colaboración con marcas e profesionais locais.

Arela é parte do equipo que traballa con Tamara Valverde desde antes incluso de ser Arela. O último reto que nos plantexou a deseñadora é o de lanzar “Anduriñas”, unha colección de prendas inspirada nos pobos mariñeiros de Galicia e que se comercializará en todo o territorio español no verán de 2019.

Tarefas

  • Marca Personal
  • Marca Corporativa
  • Estratexia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da súa navegación. Se continúas navegando aceptas o seu uso. mais información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar