Sobre min
Graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela.

O mundo estudiantil levoume por camiños polos que nunca pensei que iría. Primeiro quixen estudar Filoloxía, despois me decantei pola Comunicación Audiovisual e finalmente rematei en Xornalismo. Tras catro anos de carreira, podo dicir que foi sen dúbida a decisión correcta.
Hoxe, ademais, son consciente do privilexiada que son por poder adicarme ao que máis me gusta nada máis rematar os meus estudos: por unha parte amosando a realidade á miña maneira como xornalista en Que Pasa na Costa, e por outra traballando e aprendendo no terreo do márketing e a comunicación da man de Arela, como boa comunicadora audiovisual frustrada.
Sei que traballar para dúas empresas é todo un reto e que aínda me queda moito por vivir e aprender, pero que mellor maneira que no lugar onde nacín e me criei? Santiago e Atenas foron a miña casa durante un longo tempo pero a Costa da Morte estivo presente en todo momento.