Sobre min
Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela con experiencia en medios online, prensa escrita e radio.

Paula Vázquez
A paixón pola terra onde vivo unida á miña iniciativa e ganas de seguir practicando a profesión, leváronme a co-fundar no ano 2012 O Compás da Costa, revista e axenda de lecer sobre a cultura da Costa da Morte.
Gran interese pola cultura e as novas tecnoloxías da comunicación. Neste campo, non me gusta chamarme ‘community manager’, prefiro o de xornalista que comunica na Internet e redes sociais . Nos últimos anos, escribín para medios online e xestionei redes de diferentes empresas e institucións de ámbito galego.
Teño dúas materias pendentes: o inglés e seguir formándome no márketing e comunicación 2.0.