Asociación de Medios en Galego - Arela

Listado de medios en galego para seguir en Twitter

O xoves 7 de febreiro á noitiña atopamos en Twitter a chamada de AMEGA  (Asociación de Medios En Galego) a chiar polo Día dos Medios en Galego. Rechouchiamos, publicamos a nosa foto con Que Pasa na Costa, e por curiosidade, empezamos a ler as publicacións relacionadas ca campaña. Non puidemos evitar sorprendernos ante tanto medio en galego interesante e que non coñecíamos.

Levamos unha semana desfrutando das nosas contas de Twitter refrescadas cos contidos que aportan os nosos novos descubrimentos do Día dos Medios en Galego e non paramos de darlle voltas a como facer que estes medios teñan máis visibilidade e os seus contidos cheguen a outros usuarios coma nós.

Así que decidimos poñernos mans á obra para facer un listado de medios en galego cos enlaces ás súas contas de Twitter, para que vos tamén os poidades seguir e difundir os seus contidos.

Medios en galego especializados

  • GCiencia O portal da ciencia en galego, suma xornalismo é divulgación científica.
  • Código Cero Publicación en papel e en liña especializada nas novas tecnoloxías.
  • A Cuarta Parede Revista dixital que se actualiza semanalmente con contidos de cine.
  • Erregueté Revista dixital e impresa especializada no eido teatral.
  • A que cheira papá Magazine cultural dixital. Libros, música, cine, videoxogos, creatividade…
  • Culturagalega.org Plataforma do Consello da Cultura Galega de información e difusión cultural.
  • Inorantes Revista cultural. Entrevistas, noticias, festivais, eventos…
  • Luzes Cultura e xornalismo. A sede dixital da revista impresa mensual.
  • Caledoscopica Revista mensual de fotografía, por iso me permitín enlazar o seu Instagram.
  • Revista Orballo Revista dixital de cultura e vangarda.
  • Vinte  Revista dixital de cultura e tendencias.
  • Pincha Revista dixital de cultura e gastronomía.
  • Andaina Revista dixital feminista.
  • Revirada Revista dixital feminista.
  • Mazarelos Revista dixital de cultura e divulgación da historia.
  • Historia de Galicia Divulgación histórica.
  • Fervenzas Literarias Revista dixital da literatura galega.
  • GZmusica Revista dixital da música galega.
  • A Movida Vigo Guía de ocio e cultura da cidade de Vigo.
  • Coralia Revista dixital e impresa de tendencias, con foco na cidade de Compostela.
  • Disquecool Medio dixital de tendencias.
  • Morcego Revista dixital de videoxogos e eSports.
  • Nova Fantasía Revista dixital do xénero fantástico.
  • Zona Press Medio dixital especializado en baloncesto.
  • DiarioDeportivo.gal Xornal dixital de información deportiva.
  • SurfGZ Noticias galegas de surf, longboardm bodyboard e paddelsurf.
  • Campo Galego Xornal dixital especializado en temática agraria e do campo.

Medios en galego de información xeral

Nesta primeira revisión, conseguimos xuntar 63 medios en galego e as súas contas de Twitter, pero seguramente nos quedasen moitos medios fóra do listado. Animámos as nosas lectoras e lectores a que revisen esta lista e nos axuden a completala cas súas aportacións. Déixanos os enlaces nos comentarios desta entrada ou no twitter de Arela.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del usuario a través de su navegación. Si continúas navegando aceptas su uso. más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar