Suma en Ponteceso
Dende a Asociación de Empresarios de Ponteceso confiaron en Arela para o desenvolvemento dunha campaña do comercio local. A idea non é nova pero o obxectivo de darlle visibilidade ás profesionais e aos profesionais que apostan por quedar e darlle unha oportunidade de futuro ao lugar no que naceron, non é menor.
O traballo consistiu en visitar, coñecer e contar a historia de moitos dos negocios da asociación a través das canles sociais da campaña, en Facebook e Instagram.
TAREFAS
- Gravación e edición de vídeo
- Xestión de redes sociais
- Xestión de campañas en redes sociais (Facebook e Instagram Ads.)