Solucións

Fálanos do teu proxecto e dirémosche como che podemos axudar.

solucions_estratexia

Estratexia

Cada proxecto ten as súas singularidades, por iso debe desenvolver a súa comunicación de maneira diferente e en espazos distintos. Nós botámosche unha man para analizar os recursos cos que contas e axudarche a decidir onde debes estar, con que ferramentas podes traballar ou canto diñeiro hai que investir para acadar os teus obxectivos.

solucions_xestion

Xestión da comunicación

Podemos encargarnos da comunicación da túa marca no día a día, tanto se é unha empresa como se se trata de mellorar a túa marca persoal. Xestionar a comunicación significa atopar unha liña para achegarse ao público que che interesa. Isto conséguese creando contidos (textos, fotos, vídeos, etc.), publicándoos na páxina web, xestionando as redes sociais, enviando un boletín dixital aos teus clientes ou publicando anuncios en plataformas como Facebook Ads ou Google AdWords.

Hoxe comunicar na rede significa facerse oír no medio de moito ruído. Pero estamos convencidos de que saberemos escoller a canle e a mensaxe que queres transmitir.

solucions_ecommerce

Comercio electrónico

Tes un produto que paga a pena e queres ter unha tenda en liña. O máis sinxelo é publicar a tenda, unha páxina web con produtos e cunha pasarela de pago que funciona. O máis difícil é desenvolver un proxecto rendible. Que funcionalidades ten que ter unha tenda online? Que campañas debemos desenvolver para que a xente nos visite? Como xeramos vendas ca nosa tenda online? Como podo medir os resultados e optimizalos? En Arela estamos rodeados de profesionais que poden responder a todas esas preguntas.

Formación

Con algo de axuda e un pouco de práctica, podedes levar o voso proxecto onde vós queirades. Vós sodes quen mellor o coñece; moitas veces só é preciso unha axuda para saber que pasos dar e aproveitar os recursos cos que xa contades. Preparamos formacións personalizadas para o teu sector ou empresa: redes sociais, SEO, analítica web, creación de tendas online, tirar proveito da páxina web ou do blog e moito máis.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da súa navegación. Se continúas navegando aceptas o seu uso. mais información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar