Sobre min
Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ana Cillero
Dende pequena, sempre fun amante das letras e moi curiosa co meu entorno. Todo o que me rodea axudoume a formar a miña personalidade, co cal podo dicir que o valoro moito e teño un moi forte vínculo con estas pequenas pezas que me conforman.
Despois de estudar xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela e un mestrado en Comunicación Transmedia pola Universidade Internacional de La Rioja, o meu camiño cruzouse con Ana e David que depositaron en min a súa confianza para pór en marcha os meus coñecementos e seguir aprendendo con eles.
En Arela xestiono redes sociais e colaboro con proxectos que queren medrar no seu lugar de orixe. Son unha persoa moi afortunada por poder unir as miñas paixóns no meu traballo: a comunicación e o apoio a empresas que teñen unha fonda raíz no seu territorio e quéreno ver medrar. Tal e como me pasa a min.
Falamos?