Solucións

Fálanos do teu proxecto e dirémosche como che podemos axudar.

solucions_estratexia

Estratexia de comunicación

Cada proxecto ten as súas singularidades, por iso debe desenvolver a súa comunicación de maneira diferente e en espazos distintos. Unha das nosas especialidades é marcar o camiño que debes percorrer ca comunicación do teu proxecto. Analizamos os recursos cos que contas e xuntos decidimos onde debes estar, con que ferramentas traballar ou canto diñeiro investir para acadar os teus obxectivos.

solucions_xestion

Xestión da comunicación

Podemos encargarnos da comunicación da túa marca no día a día, tanto se é unha empresa como se se trata de mellorar a túa marca persoal. Xestionar a comunicación significa atopar unha liña para achegarse ao público que che interesa. Isto conséguese creando contidos (textos, fotos, vídeos, etc.), publicándoos na páxina web, xestionando as redes sociais, enviando un boletín dixital aos teus clientes ou publicando anuncios en plataformas como Facebook Ads ou Google AdWords.

Hoxe comunicar na rede significa facerse oír no medio de moito ruído. Pero estamos convencidos de que saberemos escoller a canle e a mensaxe que queres transmitir.

solucions_ecommerce

Optimización de comercio electrónico

O máis difícil de crear unha tenda en liña é conseguir facer que sexa un proxecto rendible.
Se aínda non tes a túa tenda, o noso traballo consiste en orientarte e aconsellarte en canto a tecnoloxía, funcionalidades, inversión necesaria e desenvolvemento.
Se xa tes unha tenda online, o noso traballo consiste na optimización de todos os factores que inflúen á hora de medrar e chegar a máis potenciais clientes. Coidamos as funcionalidades e a forma de navegar no teu ecommerce, traballamos xunto ao teu equipo para deseñar a estratexia de márketing, desenvolver campañas máis efectivas, analizar e medir os resultados para facer a tenda máis rendible.

Formación

Traballamos para universidades e diferentes centros de formación, aos que procuramos levar a experiencia do día a día cos nosos clientes e cos proxectos nos que estamos implicados. A creación e implementación da estratexia online ou a optimización de ecommerce, son algúns dos temas sobre os que máis temos falado nestes ámbitos.
Tamén facemos formación para empresas. Preparamos sesións de formación personalizadas para cada sector, sobre redes sociais, SEO, analítica web, creación de contidos, etc.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da súa navegación. Se continúas navegando aceptas o seu uso. mais información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar