Grupo Ínsua
O Hotel – Restaurante Ínsua leva moitos anos sendo unha referencia para os viaxeiros que chegan á Costa da Morte e para os veciños de Cee que visitan todos os días a cafetería e o restaurante. O Hotel Ínsua é o lugar perfecto para descansar e coller forzas para descubrir lugares cercanos como Corcubión, Fisterra, Ézaro ou Carnota.
Pero o grupo non se conformou coa actividade do hotel e do restaurante e dende o ano 2015 iniciaron unha nova liña de negocio. Viajes Carrefour Cee quere axudar aos veciños da Costa a chegar a calquera parte do mundo. Travels to Finisterre, pola súa parte, é unha axencia especializada na Costa da Morte. Ademais é a axencia oficial do proxecto O Camiño dos Faros.
O noso obxectivo: chegar a calquera persoa que busque os servizos que o Grupo Ínsua ofrece, dentro e fóra da Costa da Morte.
Tarefas
- Estratexia online
- Xestión de campañas (Facebook Ads., Google AdWords, etc.)