Sobre min
Antes de marchar á aldea escribir sen redes sociais que consultar,
é xusto contar a historia de quen si contribúe a construír a sociedade que imaxino.
David Lourido
Debe ser cuestión de idade e aprendizaxes, pero hoxe son incapaz de separar traballo e maneira de mirar e entender o mundo. Sobre todo o meu, a terra na que medrei e na que están as persoas que me aprenderon as leccións máis importantes.
No ano 2013 creei Páxina 81, o meu primeiro proxecto persoal. Durante tres anos, desenvolvín proxectos de comunicación en colaboración con outros profesionais que compartían comigo o Espacio Nido, local de coworking en Vigo. Despois, durante dous anos, tiven a sorte de ser Director de Proxectos de Abertal, axencia de márketing que leva máis de dúas décadas traballando con empresas e entidades de toda Galicia dende Carballo.
Neste tempo traballei con empresas, institucións, cooperativas…, comprometidas co desenvolvemento social e cultural, comprometidas co sitio no que están e cas persoas que lles axudaron a saír adiante. Con Arela queremos seguir buscando proxectos que medren producindo un beneficio na súa contorna. E nós debemos ser os primeiros que deamos exemplo.
Proxectos persoais