Dámoslle un vistazo?
En primeiro lugar contarche que esta non é a nosa páxina de contacto. Se queres enviarnos unha mensaxe rápida podes facelo aquí.
Este é un espazo no que queremos achegarnos a proxectos e ideas interesantes.
Cóntanos a través deste formulario en que estás traballando e adicaremos un par de horas do noso equipo a facer unha auditoría básica con recomendacións de comunicación e propostas de márketing.
Gústanos saber de emprendedores no rural, de mulleres empoderadas, de economía social, de ecoloxía e natureza, de ONG’s, de festivais, e en xeral queremos coñecer eses proxectos que marcan a diferencia no seu entorno.
Só pedimos un requisito: que sexa un proxecto con xente ilusionada detrás.
Nós cremos nas utopías e somos especialistas en atopar formas de colaborar para medrar xuntos.