Obradoiro sobre comunicación na rede impartido por Arela en Ponteceso

Formación Arela Ponteceso

 

O pasado mes de setembro, a Asociación de Empresarios de Ponteceso convidounos a impartir un obradoiro sobre comunicación na rede e xestión de redes sociais para os seus asociados. A nosa proposta foi analizar a situación de cada empresa (páxina web, redes sociais, outras ferramentas de comunicación que poden usar, etc.) e compartir esa análise con todos os asistentes. Todos aprenderon de todos, e cada empresa soubo que paso debía dar ao día seguinte.

Non se pode impartir un obradoiro sobre a xestión de Facebook ou de Twitter en tres horas. Ou, mellor dito, pódese, pero non imos contar nada que non se atope na rede e vai ser moi difícil que esa formación se reflicta ao día seguinte na comunicación da empresa que asiste á formación.

Si que se pode facer unha análise rápida da situación da empresa. Analizar si necesita páxina web ou se é suficiente cunha landing page é suficiente; unha páxina sinxela con fotos, descrición do proxecto e información de contacto. Si necesita estar en redes sociais e cales son as que máis lle conveñen, que ten que modificar na comunicación que fai en Facebook… Tamén se fai un achegamento a outras ferramentas de comunicación menos habituais. Son poucas as empresas que, por exemplo, teñen unha base de datos de clientes ben segmentada e fan envíos periódicos de boletíns dixitais.

formacion ponteceso 1

A experiencia para nós foi moi positiva. Aproveitaremos cada oportunidade que teñamos para achegarnos ás empresas da Costa da Morte; lugar dende o que traballamos e co que temos un vínculo importante. Aquí hai moitos proxectos con cousas que dicir, e queremos botarlles unha man para que a súa historia chegue o máis lonxe posible.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da súa navegación. Se continúas navegando aceptas o seu uso. mais información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar