Arela Comunicación Sostible:

No primeiro post que compartimos no noso blog queremos que coñezades un pouco máis sobre David (D), sobre Ana (A) e sobre o que nos move a formar parte dun proxecto como Arela.

Comunicación

D. Hai cinco anos que creei un proxecto que se apelidaba “márketing de contidos”. Pretendía desenvolver proxectos de comunicación online e a miña especialidade eran (e son) os contidos. Non facía páxinas web nin tendas en liña, simplemente quería botar unha man aos meus clientes a contar a súa historia. Hoxe traballo con grandes profesionais especializados en páxinas web, tendas, deseño gráfico, campañas de márketing, etc. E sigo pensando que para chegar aos nosos potenciais clientes temos que saber quen somos e temos que poder transmitilo.

A. Estudiei publicidade por vocación e considérome unha afortunada por poder traballar cada día no que me gusta. Os proxectos cos que colaborei nestes anos foron especializándome no márketing dixital e no márketing para tendas online. Nunca antes na historia da publicidade foi tan fácil para anunciantes de pequeno e mediano tamaño chegar ca súa mensaxe a tanta xente, polo que hoxe en día a comunicación é unha parte vital de calquera iniciativa. Con Arela queremos axudar a poñer en valor a túa mensaxe e facer que o teu público a escoite entre todo o ruído.

Costa da Morte

D. Gústanme, e penso que necesitamos, os sitos nos que corra o aire puro e haxa espazo para pensar, compartir e construír. Creo nunha terra que é mar, monte, aldea, rural. Unha terra chea de recursos –recursos humanos, entre outros– que debemos coidar e, no noso caso, contar, espallar, berrar! Arela comezou a camiñar dalgún xeito cando traballamos xuntos hai anos en Corcubión. Dende entón, para min este é un lugar do que non sei nin quero saír. E no que queda moito que facer.

A. Eu son dos Ancares, polo que antes de chegar á Costa da Morte xa sabía que era posible traballar desde zonas afastadas dos grandes núcleos de poboación en proxectos bonitos e rendibles. A tecnoloxía achéganos cada vez máis e fai posible que unha pequena empresa de calquera pobo afastado de Galicia poida vender os seus productos en toda Europa dunha forma relativamente fácil. Creo que iso é das poucas cousas boas que nos trouxo a globalización. Á singularidade e identidade dunha axencia de comunicación como Arela, encáixalle de forma perfecta ter a súa sede nun sitio como A Costa da Morte.

Sostible

D. ‘Que se pode soster’. ‘Que permite preservar, manter e mellorar a calidade dos recursos e dos equilibrios naturais, así como velar polo futuro’. Sostible significa que queremos medrar si, pero nós non o faremos se non é respectando á xente coa que traballamos ou para a que traballamos, e se non xeramos beneficio, por pouco que sexa, no sitio no que o facemos.

A. Decidimos que o apelido da nosa marca de comunicación sería ‘Sostible’ porque pensamos que esa é a única forma de traballar con garantías de ter éxito a curto e longo prazo: sendo sostibles. Queremos poñer en valor a importancia de realizar traballos para os nosos clientes que sexan capaces de ir medrando pouco a pouco e que saquen o maior proveito dos recursos dispoñibles. No ADN de Arela está a colaboración entre profesionais e entre proxectos. A ‘Comunicación Sostible’ é a nosa aposta por poder mellorar o entorno no que traballamos e por dar pequenos pasos para vivir nunha sociedade mellor.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da súa navegación. Se continúas navegando aceptas o seu uso. mais información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar