Máster en Servizos Culturais
O Máster en Servizos Culturais, da Universidade de Santiago, forma tituladas e titulados “capaces de xestionar calquera recurso patrimonial e convertelo nunha fonte de riqueza e desenvolvemento”. A fórmula é a mestura de formación, experiencia en contornos laborais reais e imaxinación.
Durante o verán (dende o ano 2015), xestionamos a comunicación do máster; creamos contidos e actualizamos as redes sociais buscando ás potenciais alumnas e alumnos. Só había que dicirlle á xente nova que se poden formar en xestión cultural en Galicia.
A nós gústanos traballar e aprender neste sector, contribuír á nosa maneira ao desenvolvemento cultural galego.
Tarefas
- Estratexia online
- Xestión de redes sociais
- Xestión de campañas (Facebook Ads)
- Email márketing