suma en Ponteceso

“Suma en Ponteceso”: campaña de promoción do comercio local

Un dos nosos sinais de identidade é apostar polos lugares pequenos e “pouco rendibles”. Nós somos da aldea, desas nas que cada vez vive menos xente e nas que cada día custa máis que se escoite a súa voz. Berran que están cheas de recursos que cómpre coidar…, pero baixiño. Traballamos na Costa da Morte e un dos obxectivos que temos é deixar algo no lugar que nos acolleu e axudou a medrar. A oportunidade apareceu cando hai uns meses nos chamou a Asociación de Empresarios de Ponteceso –grazas!–.

O reto que nos lanzaron foi o de desenvolver unha campaña durante uns meses que tivera como obxectivo poñer en valor ás empresas e profesionais da zona. Nós sempre dixemos que o noso traballo é moi sinxelo. O verdadeiro mérito é delas e a responsabilidade de contar quen son e que fan, nosa.

A campaña

Pensamos que debiamos darlle voz ás empresas que forman parte da asociación,  e chamar a atención da xente de Ponteceso e arredores, convidalos a que se “sumen” á campaña. Hoxe en día, con tanto ruído, é difícil mirar e escoitar aos que temos ao noso lado.

Que traballo estamos a facer? Visitamos as empresas e creamos contido de foto e vídeo que editamos e publicamos a través das redes sociais da campaña –Facebook e Instagram–. Contamos ca colaboración do xornal Que pasa na Costa –levan máis dunha década comprometidos ca Costa da Morte–, e co deseño a cargo dun dos proxectos que forman parte da asociación: Eres Curioso.

Aínda nos queda moito. Moitas empresas que visitar e das que aprender. Xa coñecemos unha peixería que leva moitos anos coidando dun dos principais recursos da zona, unha libraría que sabe que sen cultura non pode existir un vínculo forte co lugar ao que pertencemos, ou unha tinturaría cunha historia que reflexa que os inicios non son doados para ninguén pero que ser quen somos e de onde somos, “non o cambiamos por nada”. E o que nos queda.

Xa vos contaremos que máis aprendemos. Tentaremos berrar o máis forte posible que a Ponteceso e á Costa da Morte lle quedan moito máis futuro que o traballo que estamos a desenvolver. Ese tempo está no compromiso da xente que estamos a coñecer. Sirva esta campaña para sentirnos, se cabe, un pouquiño máis orgullosos.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da súa navegación. Se continúas navegando aceptas o seu uso. mais información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar