Cos pés na Terra e os produtos na nube

As compras online e as tendas en liña forman parte do noso día a día como consumidores, non hai máis que ver a cantidade de paquetes que os mensaxeiros distribúen a diario polas nosas cidades e vilas (non sempre procedentes de tendas galegas). Os xigantes do comercio online captan a maior parte das compras na rede e os usuarios deixamos de comprar nas nosas tendas de proximidade porque consideramos que é máis rápido e fácil comprar en Amazon, AliExpress…

Poderíamos abrir o debate sobre como comprar en Amazon fai mermar o comercio local; sobre como os usuarios non podemos agardar máis de 24h para recibir un pedido; sobre como o prezo é un dos factores máis determinantes para o comprador ou sobre como con cada compra nestes sitios axudamos a que a riqueza se concentre máis e máis nas mans duns poucos fronte ao empobrecemento xeral.

Hoxe non queremos entrar ao debate. Queremos amosar que hai alternativas!

Máis de 100 ecommerce galegos, o comercio local na rede

Ca idea de ofrecer alternativas aos xigantes da venda online, creamos esta listaxe de máis de cen tendas en liña galegas cos pés na Terra e os produtos na nube. Atoparedes empresas que están traballando moi duro para ter visibilidade, con ideas moi boas e con produtos de gran calidade.

Compartir esta listaxe de tendas en liña galegas, comprar e recomendar os seus produtos, tamén é defender o comercio local. Existe un tecido moi importante de pequenos e medianos ecommerce distribuídos por toda a xeografía galega, creando postos de traballo e contribuíndo ao futuro de lugares pequenos.

Tendas galegas de agasallos
  • RESETEA | Nigrán | Kits de cultivo de setas, hortalizas e flores.
  • FLORADEIRA | Paderne | Arte floral con flores de tempada, recén cortadas e cultivadas en Galicia.
  • MIA MANDARINA | Vigo | Papelería e artigos de regalo.
  • IMPRIME3DE | A Coruña | Creacións en 3D feitos en material ecolóxico e biodegradable. Deseños personalizados para agasallos ou eventos.

Tendas de deseño galego
  • ANIMOSA | Vigo | Deseños inspirados en mulleres que romperon barreiras e abriron camiño.
  • LA PLATANERA | Illa de Arousa | Taller de serigrafía, ilustración, creatividade e gañas de compartir.
  • NURIA DÍAZ | Compostela | Ilustracións, agasallos e láminas personalizadas.
  • PUNTO E COMA | Ourense | Obxectos e libros de calidade, beleza e orixinalidade para crianzas e adultos.

Agasallos de Galicia
  • LEMBRANZA BOX | Vigo | Caixas regalo con produtos galegos, ecolóxicos e sostibles.
  • ULTRAMARINOS | Vigo | Deseño galego que actualiza os souvenirs e os fai produtos fermosos.
  • VAI VAI MR CAN | Ourense | Láminas e deseños inspirados nas cidades galegas.
  • AÍ FALACHES | Pontevedra | Roupa e complementos cheos de orgullo.
  • DEICA | Compostela | Accesorios e decoración artesanais con motivos galegos.
  • REIZENTOLO | Vigo | Deseños da cultura popular galega mesturados con referentes globais, humor e retranca.
  • NIKIS GALICIA | O Grove | Camisetas e artigos de regalo inspirados na cultura galega.

Tendas galegas de alimentación
  • OLIVAR DE MOURA | Vedra | Aceite de oliva virxe extra con alma galega.
  • KALEKOI | Lalín | Iogur artesanal elaborado de forma tradicional con leite da explotación gandeira familiar.
  • KIBUS | A Coruña | Compra en streaming os produtos máis frescos e de tempada o mercado da Praza de Lugo.
  • GULA GALEGA | Compostela | Produtos de Galicia calidade gourmet, novedosos, orixinais e con personalidade.
  • ALCACÉN DE LIÑARES | Campo Lameiro | Produtos galegos procedentes de pequenos produtores. Orixe galega, tradición artesana e identitaria.
  • FERREIRO | A Coruña | A versión online do ultramarinos fundado en 1958, coa mesma esencia e alma de barrio.
  • BISCUITS GALICIA | Vigo | Galletas e pastas elaboradas con produtos 100% vexetais.
  • LAREIRA GOURMET | Betanzos | Selección de produtos gastronómicos galegos.
  • ORIGEN GALICIA | Carballo | Selección de produtos galegos de alimentación.

tendas galegas de bebidas
  • BEERBAY | Ourense | A tenda de referencia en cervexa artesá que fai envíos a todo Europa.
  • DOMENICUS | Lugo | Factoría de cervexa artesanal, con catro variedades que maridan cas mellores propostas gastro.
  • LA FERROLANA | Ferrol | Cervexa artesanal elaborada de forma tradicional e con moita paixón.
  • VENTO MAREIRO | Cambados | Unha historia de Albariño e de xente do mar no corazón das Rias Baixas.
  • TEAGARIMO | Pontevedra | Tés e infusións a granel. Accesorios para os amantes do té.
  • TETERETA | Vilagarcía | Máis de 110 variedades de tés de todo o mundo a un solo click.
  • GALICIAN BREW | Ponteareas | Cervexa artesanal elaborada con produtos 100% naturais.
  • GREEN MIXOLOGY | Teo | Vermú, sangría, xenebra e vodka de elaboración orgánica.

tendas galegas ecolóxicas
  • GAIA | Narón | Selección de produtos ecolóxicos galegos de diferentes marcas.
  • ECOTENDA 78 | Ferrol | Horta, graneis, envasados, cosmética, droguería e miles de produtos seleccionados con criterios de calidade e cercanía.
  • SOUTO DA TRABE | Vilardevós | Produtos gourmet ecolóxicos (castañas, figos, boletus e cabaza).
  • SOVORAL | Xunqueira de Ambía | Mel sen filtrar, de alta montaña e 100% ecolóxica.
  • DAIQUÍ | Ourense | Produtores e distribuidores de produtos ecolóxicos a un prezo xusto para o agricultor e o consumidor.
  • BARONCELI | Verín | Fábrica de conservas elaboradas de forma artesanal e con materias de pequenos produtores da zona.

tendas galegas de produtos do mar

tendas galegas de produtos da terra
  • A CARQUEIXA | Cervantes | O sabor dos Ancares. Carne de tenreira sen intermediarios, cun prezo xusto para os gandeiros.
  • CALABIZO | Nigrán | Embutido de cabaza 100% vexetal elaborado de forma artesanal.
  • GALLEGA DEL CHULETÓN | Outes | Carne madurada, de vaca e de boi, da máxima calidade.
  • SABOR DE ALDEA | Rairiz de Veiga | Chourizos e outros produtos tradicionais da comarca de A Limia.
  • CAURELOR | Quiroga | Transformación e venda de produtos silvestres da Serra do Caurel.
  • AMARELANTE | Manzaneda | Comezaron no 2013 a recuperación de soutos abandoados. Hoxe producen fariña de castaña, castañas secas e bica de castaña.
  • FRUTERÍA BELÉN | A Coruña | Froitaría e produtos de alimentación da máxima calidade, seleccionados por Belén e preparados para envialos a toda a península.
  • VERDURA GALLEGA | Ferrol | Cestas semanais de froita e verdura de tempada.
  • CARABUÑAS | Vilar de Santos | Xelea de flor, cervexa, licor e marmeladas de baga de sabugueiro.
  • NAICIÑA | Chantada | Transformación e distribución de castañas en produtos derivados da castaña.
  • CASA CASTELAO | A Fonsagrada | Embutidos e derivados do porco celta de elaboración tradicional e artesá.

tendas galegas de artesanía
  • MIMADRIÑA | Fisterra | Pezas de arte únicas en papel. Encargos personalizados.
  • O FALSETE | Malpica | Produtos de alfarería. Oleiros artesanais.
  • TRENZARTE | Mazaricos | Asociación de artesanas especializadas no trenzado da palla. Elaboración do Sancosmeiro.
  • BOINA GALEGA | Compostela | Boinas, complementos e textiles con alma.
  • IO SLOW TEXTIL | Compostela | Arte e deseño textil. Tricó, croché e bordado.
  • IDOIA CUESTA | Outeiro de Rei | Cestería artesanal.
  • ARTESANÍA CHAVELLO | Cervantes | Artesanía en madeira, regalos e detalles personalizados para eventos.
  • ARTESANÍA ARMAIOR | Quiroga | Pezas únicas e irrepetibles en madeira de olivo, recén saídas do taller.
  • ARTEVIARES | A Coruña | Pezas orixinais e deseños exclusivos en vidro.
  • FIANDO MIUDO | A Coruña | Encaixe de Camariñas con visión contemporánea.

tendas galegas de cerámica
  • RAPOSIÑAS | Pobra do Caramiñal | Obradoiro de cerámica rural co propósito de embelecer a cotidianidade de forma sostible.
  • NACHO PORTO | Carnota | Artesanía e cerámica combinada cas novas tecnoloxías.
  • OLERÍA APARICIO | Malpica | Cerámica artesanal de Buño. Creando pezas desde fai máis de corenta anos.
  • BRANQUETA | A Coruña | Cerámica artesanal.
  • LANLUTUM | Lugo | Cerámica de autor que aúna deseño e arte nas súas creacións.
  • OJEA STUDIO | Vigo | Estudo de cerámica artesanal.
  • VERÓNICA MOAR | A Coruña | Cerámica artesanal feita con cariño.

tendas galegas de cosméticos
  • KOOCH GREEN COSMETICS | Tui | Firma independente de cosmética orgánica.
  • THE COSMETHICS | Allariz | Beleza e cosmética natural e orgánica.
  • MUUHLLOA | Monterroso | Cosmética 100% galega realizada con produtos ecolóxicos.
  • NATURAVIA | Ribadavia | Cosmética ecolóxica certificada, elaborada en Galicia con ingredientes naturais.

  • ALMACENES J COTELO | A Laracha | Materiais de construción, obra e ferretería.
  • Ferraxaría Veiga | Lugo | Especializados en ferraxes para portas e mobles.
  • TORNEIRO | Lugo | Ferretería, roupa laboral, soldadura e moito máis.
  • DESGUACES ARMONÍA | As Somozas | Reciclaxe, descontaminación e desguace de vehículos.

tendas galegas de decoración
  • LOS VINILOS DE GLO | Narón | Vinilos decorativos personalizados.
  • ARTBY’S | A Coruña | Galería de arte especializada en artistas galegos contemporáneos.
  • LORENZO DESIGN | Compostela | Pezas de madeira para alta gastronomía e alta cociña.
  • TODO LAR | Carballo | Produtos para o fogar, menaxe, decoración e moito máis.

tendas galegas de estilo de vida
  • FIEITO | Cerceda | Tenda en liña de produtos social e eco-responsables con máis de 70 marcas de moda sostible, complementos, cosmética natural, xoguetes ecolóxicos e artigos para o fogar.
  • BRÉTEMAS | Ribadavia | Cousiñas bretemosas. Roupa e accesorios de deseño inspirado en Galicia.
  • OCARALLOVINTENOVE | Vigo | O minifundio galego da calidade e do deseño. Tiradas limitadas de 29 unidades.
  • CASA QUE SUMA | A Estrada | Decoración e produtos naturais e ecolóxicos para o fogar.
  • HUELLA MENGUANTE | Vilagarcía | Produtos para un mundo mellor. Redución de resíduos, consumo responsable e sostible.
  • MARUJAMARÍA | Cangas | Tenda gourmet, xoiería de deseño, cosmética bio e packs de regalo.
  • MAOW STUDIO&SHOP | A Coruña | Galería de arte, papelería, libros, ilustración, decoración e moitas máis cousas bonitas.
  • ENOU | Ourense | Produtos de deseño e artesanía. Consumo de proximidade e defensa do traballo digno.
  • DEGERÓNIMO | Compostela | Bolsos e pezas de decoración feitas con corda de algodón.
  • CRU E NU | Tomiño | Mobiliario feito con materiais nobres, estética minimalista e detalles moi coidados.
  • CESTOLA NA CACHOLA | Lalín | Moda ética, láminas, vinilos, contos e moito máis.
  • ESTURIRAFI | Moaña | Produtos para unha vida máis sostible e zero waste.
  • AMOROTE | Ames | Estudo de deseño textil con motivos inspirados na nosa terra e cultura.
  • VAIDHE | Vigo | Roupa, accesorios, decoración, papelería e moito máis.
  • MY LITTLE PIURA | Vigo | Deseños sostibles e solidarios. Compromiso social.

librerías online galegas
  • CATROVENTOS | Vigo | Editorial especializada en economía social e ecoloxía.
  • LIBRARÍA PAZ | Pontevedra | 52 anos compartindo cultura, todo un exemplo de resistencia. Unha das librarías con máis fondo bibliográfico de Galicia e unha ampla sección de banda deseñada.
  • LIBRERÍA CAO | Pontevedra | Especializados en atopar libros descatalogados. Importante fondo en arte, fotografía e cine.
  • TRAMA | Lugo | Unha libraría moito máis grande por dentro que por fora. Abriu as súas portas o Día dos Milagres de 1997.
  • LIBRERÍA ABRENTE | Bueu | Fundada en 1979, están especializados en libros galegos e de cultura mariñeira.
  • EDITORIAL HUGIN E MUNIN | Compostela | Editorial que conta cun servizo de suscripción para recibir dúas obras cada trimestre.
  • AIRA DAS LETRAS | Allariz | Imaxina unha tenda de libros digna de aparecer como protagonista dun libro.
  • IRMÁS CARTONÉ | Compostela | Editora independente adicada á tradución ao galego de textos clásicos da literatura universal.
  • CRONOPIOS | Pontevedra | Libraría que ten como filosofía: todo por escribir, todo por ler, todo por vivir.
  • IMOSVER | Pontevedra | Libros, ocio e regalos cun servizo express de entrega en 24 horas.
  • FOLLAS NOVAS | Compostela | Sumerxidos en libros dende o 1971, na actualidade contan cun amplo fondo editorial.
  • LIBRERÍA LUME | A Coruña | Libraría cun amplo fondo bibliográfico.

tendas galegas de mascotas
  • BICHOH! | A Coruña | Complementos feitos a man para cans.
  • GALIFAUNA MASCOTAS | Cambados | Accesorios, alimentación e complementos para mascotas.
  • FRANKIE THE KING | Vigo | Comida a domicilio para cans con receitas adaptadas para unha alimentación saudable.

marcas de moda galegas
  • ROADE | Cerceda | Marca de moda sostible para muller con materiais ecolóxicos e fabricación 100% en Galicia.
  • ADOPTAUNAPRENDA | Vigo | Recuperar o valor emocional dunha prenda e darlle unha segunda oportunidade.
  • MI VESTIDOR AZUL | Cuntis | Moda e complementos para seguir as tendencias máis actuais e cun estilo moi versatil.
  • MELEMAU | Compostela | Arte para vestir, en edición limitada. Ilustración e moda.
  • BICHO VINTAGE | Compostela | Moda vintage, prendas recicladas e roupa retro inspirada en prendas clásicas.
  • BULIDEIRA | Compostela | Recollida e reprodución do traxe e da xoiería tradicional galega.
  • TRAJES TRADICIONALES | Lalín | Traxes e xoias tradicionais de Galicia, elaborados seguindo a tradición.
  • DAKOTA LEAN | Ferrol | Prendas de edición limitada, feitas con materiais “recolectados” para unha ocasión especial ou para o extraordinario día a día.
  • LAS FLORES DE GRETA | Gondomar | Experimentación textil. Produtos tinguidos con pigmentos 100% naturais.
  • DELOUKSTORE | Ourense | Prendas feitas a man, creativas e con deseños bordados únicos. Arte e deseño urbano.
  • MISHTI | A Coruña | Roupa feita con cariño, para nenas e adolescentes.
  • FIO DE MARTIE | A Coruña | Complementos de moda masculina. Gravatas, nudos, pasadores de gravatas….
  • SOPA DE NUEZ | Lugo | Deseños unisex con patróns dos anos 70 e 80 onde manda a ilustración e os estampados.

tendas galegas de calzado
  • ELENA FERRO | Vila de Cruces | A tradición zoqueira familiar actualizada e continuada.
  • PERA LIMONERA | Melide | As últimas tendencias en moda e zapatos. Informal, xove e divertida.
  • LOSAL | Monforte de Lemos | Elaboración de calzado de forma artesanal dende 1899.

tendas galegas de complementos orixinais
  • GRAPHICS | Cangas | Gafas de sol de deseño, feitas con materiais de calidade e seguindo as últimas tendencias.
  • BRIA CONCEPT | Mondoñedo | Delantais deseñados, estampados e elaborados en Galicia.
  • TATIANA RIEGO | A Coruña | Elaborados de forma manual, sen empregar máquinas e con especial coidado aos detalles.
  • ATLANTIC REPUBLIC | Vigo | Traxes de baño realizados en poliéster reciclado.
  • RIR AND CO | Allariz | Taller de elaboración de texidos artesáns e únicos. Bufandas e mantas.
  • DON DISFRAZ | Ponteareas | Disfraces e accesorios de decoración para festas e eventos.

tendas online de moda sostible
  • OUI JANE! | Vigo | Proxecto social que mestura feminismo e moda sostible.
  • TAMARA VALVERDE | Nigrán | Moda sostible para os máis pequenos da casa. Coleccións en edición limitada.
  • ALAZIA COUTURE | Lugo | Moda en texidos únicos, naturais e innovadores. Beneficiosos para o planeta e para a pel.
  • LA BOCOQUE | Cangas | Moda sostible. Contan con taller propio e cunha tenda multimarca.
  • SOMOSOCEANO | Vigo | Camisetas e calcetíns inspirados no Atlántico e en Galicia.
  • XIRO | Moaña | Roupa en texido denim producido en Galicia de forma sostible e ecolóxica.

tendas online de xoias
  • SAUSE | A Coruña | Xoias únicas e especiais, elaboradas de forma artesanal nun pequeno estudo xunto ao mar.
  • ARDENTIA | Bergondo | Obradoiro xoieiro artesán. Xoias de deseño en prata.
  • SANSOEURS | A Coruña | Estudo de xoiería. Traducir emocións en pezas de xoiería que se poidan usar e amar.
  • JOYAS DE PAPEL | Nigrán | Xoias en papel e prata de lei. Xoiería de autor e regalos personalizados.
  • TITTANA | Vigo | Estudo de deseño 100% artesanal, coleccións limitadas.

tendas de música galega e instrumentos
  • XANECO | Outeiro de Rei | Obradoiro de instrumentos tradicionais. Estudo e investigación dos instrumentos antigos e a cultura tradicional.
  • MANELS | Ordes | Instrumentos de percusión, pezas únicas creadas con materiais de gran calidade.
  • ARCO IRIS MUSICAL | Lugo | Tenda de instrumentos musicais para amantes da música.
  • XTONEBOX | Vigo | Fabricantes de equipamento de son ca tecnoloxía máis actual e os materiais tradicionais.
  • SANÍN | Compostela | Instrumentos de percusión e xoiería artesanal.

tendas galegas para nenos
  • ANAINAS | Arteixo | Cosmética orgánica infantil coa fórmula infalible da eficacia e a simplicidade.
  • GAIA ECOCRIANZA | Compostela | Produtos ecolóxicos para crianzas ata 36 meses, producidos en condicións de traballo dignas e cun baixo impacto ambiental.
  • HOME AND KIDS | Bergondo | Accesorios e complementos para os carriños de bebé.
  • MAMÁ LIMÓN | Lugo | Tenda de cousas bonitas para nenos aventureiros.
  • RACATAPLAN | Viana do Bolo | Roupa ecolóxica para nenos.
  • LA OTRA TIENDA DEL BEBÉ | Cangas | Produtos sostibles, innovadores e funcionais para os máis pequenos da casa.

tendas galegas de tecnoloxía
  • OPIRATA | Bueu | Informática e electrónica. Máis de 13.000 referencias das principais marcas.
  • SOLOIMPRENTA | Vigo | Imprenta online. Calendarios, tarxetas, folletos, material de oficina e moito máis.
  • FILAMENT2PRINT | Nigrán | Filamentos, resinas, impresoras 3D e accesorios para impresión 3D.
  • ARALUMEN | Fisterra | Produtos e servizos de electricidade, domótica, calefacción e sistemas de seguridade.
  • BRICOGEEK | Carballo | Arduino, Raspberry Pi, robótica e electrónica para crear proxectos DIY e IOT.
  • DISCO AZUL | Lugo | Gaming, consolas e informática.

viaxes galicia experiencias online
  • VOLTA MONTANA | Poio | Rutas de sendeirismo, cultura e natureza en Galicia. Tours en furgo.
  • BONOS BIENESTAR | Baiona | Bonos regalo especializados en hoteis con spa, balnearios e centros de talasoterapia.
  • SIENTE GALICIA | Lugo | Escapadas e experiencias turísticas en Galicia.
  • BLUSCUS | Vigo | Turismo mariñeiro e experiencias relacionadas co mundo do mar.

tendas galegas especializadas en xardín
  • ECOCELTA | Ponteareas | Abonos e fertilizantes con certificación ecolóxica.
  • PLANTAMUS | Ordes | Produción e distribución de árbores, arbustos e frutais.
  • BARBACOAS Y JARDÍN | Portas | Barbacoas, accesorios e decoración para xardíns.

mercar xogos galegos
  • EMCOUROS ATELIER | A Coruña | Traballo artesán en coiro. Especializado en xogos de mesa e pelotas de malabares. Slow Leather Atelier.
  • BRAZOLINDA | Compostela | Deseño e fabricación de xogos de mesa en galego.
  • CRECER CREANDO | A Coruña | Xogos matemáticos e de enxeño. Cálculo mental, razoamento lóxico, visión espacial e moito máis.
  • A PITA CEGA | Vigo | Xogos, xoguetes e libros. Especializada no mundo dos nenos.
  • BANDUA WAR GAMES | Lugo | Miniaturas e xogos de rol.
  • BUXAINA | Fene | Xogos de mesa tradicionais de todo o mundo feitos en madeira.

Tendas galegas en liña

Desculpade os erros e ausencias. Gustaríanos que fagades as vosas aportacións doutras tendas galegas que coñezades. Podedes facelo nas nosas redes sociais (Facebook, Twitter e Linkedin). Así poderemos completar esta listaxe.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da súa navegación. Se continúas navegando aceptas o seu uso. mais información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar