Calendario Arela

Calendario Arela 2020: as datas importantes para a comunicación do teu proxecto

Dende Arela queremos facervos un pequeno agasallo de final de ano que pensamos vos pode resultar útil para a comunicación do voso proxecto durante o 2020. Planificar os contidos que imos publicar no blog e nas redes sociais, ou deseñar unha campaña dunha tenda de comercio electrónico cómpre facelo cun ollo posto no calendario.

Atoparedes diferentes categorías que se adaptan a cada un dos vosos proxectos.

Terra

Recollemos datas vinculadas coa Terra. Que tedes en común ca xente á que queredes chegar? Traballar e comunicar respectando e coidando da nosa cultura ou dos nosos recursos axudaranos a atopar a quen pensa igual ca nós. Comunicar en galego é unha opción da que presumir o Día das Letras (e defender os 365 días do ano). Se a túa empresa está no rural galego, denunciar o despoboamento no Día de Galicia é unha maneira de baixar a rede á realidade da túa contorna.

Ecommerce

Tamén incluímos datas directamente relacionadas co comercio electrónico. Coincidindo con Black Friday en Arela demostramos que hai sodes moitos os que vendedes a través de Internet en Galicia –na listaxe xa hai case 200 tendas en liña galegas–. Antes de que cheguen as rebaixas, por exemplo, preparade con tempo os produtos, planificade que ides publicar no blog ou nas redes sociais, ou calculade canto podedes gastar en anuncios que lle digan aos vosos potenciais clientes que teñen alternativas galegas e sostibles. 

En tempos de enfrontamentos cibernáuticos, pareceunos boa idea atender algunhas causas necesarias e que medran todos os días en redes sociais. O coñecemento é o ‘conxunto de cousas que alguén sabe dunha determinada materia, ciencia, etc.’; unha boa oportundiade para aportar información útil a quen vos segue.

Agora só queda que descarguedes e imprimades ou que gardedes a ligazón entre as vosas favoritas. Que vos coñezan e vos escoiten é sinxelo: só hai que pronunciar a mensaxe correcta no momento máis oportuno.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da súa navegación. Se continúas navegando aceptas o seu uso. mais información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar