Como optimizar unha tenda en liña para vender en Black Friday?

Entramos na tempada clave para o comercio electrónico e as tendas en liña. Tres meses (novembro, decembro e xaneiro) nos que se concentran as campañas máis importantes do ano (Black Friday, Nadal e Rebaixas).

O 29 de novembro, Black Friday, será para moitas tendas en liña, o día que máis pedidos online reciban de todo o ano 2019. Os usuarios en Internet van a estar con ánimo de comprar, o propio día e tamén os días previos. Esto supón tamén unha oportunidade para as tendas pequenas, pero é moito máis fácil aproveitala se existe unha planificación e un traballo previo.

Optimizar tenda en liña para Black Friday

Está preparada a túa tenda online para unha das campañas máis importantes do ano?

Neste artigo compartimos 11 puntos que debes traballar o antes posible, para poder optimizar a túa tenda e tirarlle máis proveito económico a eses días:

  1. Asegúrate que a túa web está optimizada para teléfonos móbiles.
  2. Revisa e mellora a velocidade de carga. Facer un test con esta ferramenta de Google axudaráche a detectar melloras e puntos críticos.
  3. Prepara o servidor para un uso máis intensivo por parte dos usuarios. Haberá máis tráfico do habitual, os usuarios farán máis peticións e o servidor ten que aguantar o ritmo. Algo que pode axudar é desactivar os procesos que non son fundamentais durante estas datas, para que non consuman recursos.
  4. Testar. Se vas a activar algunha funcionalidade nova ese día, asegúrate de que estea ben testada e que funcione (códigos desconto, envíos gratis, etc.). Actívaa cun certo marxe de tempo que lle permita ao equipo facer probas na web real antes de lanzar a campaña.
  5. Deseño visual. Prepara unha creatividade propia para a campaña. Adapta o deseño da páxina principal da web para que cando os usuarios cheguen se den conta de que é unha campaña especial . Adapta tamén a imaxe visual de todos os elementos de comunicación que se vaian a empregar (newsletters, banners, redes sociais…).
  6. Ten os produtos que máis che interesa vender ben visibles, para que capten a atención dos visitantes.
  7. Descontos reais. As promocións e os prezos son os ganchos principais para Black Friday, pero a falta de honestidade pode crear desconfianza entre os compradores habituais da tenda e sentirse enganados.
  8. Adiántate. Ter visibilidade pode ser complicado durante os días nos que os grandes anunciantes están facendo a súa campaña, por iso pode ser unha boa idea adiantar os días previos algunha promoción ou desconto.
  9. Planifica. Elabora un plan de contidos no que teñas en conta todos os soportes (newsletter, anuncios de pago, redes sociais…) para saber que e cando se vai publicar en cada sitio.
  10. Organiza o equipo para unha maior carga de traballo. Se o volume de pedidos aumenta, vai haber máis traballo para preparar os envíos, para atención ao cliente, atc. A loxística e os prazos de entrega tamén se van a ver afectados. As empresas de mensaxería vense saturadas cada ano e é case un milagre cumprir cos prazos de entrega. Esto é importante telo en conta.
  11. Retén usuarios. Probablemente durante estes días cheguen á túa web moitos usuarios novos. Busca algunha fórmula para poder retelos e poder impactalos de novo máis adiante (captación de emails antes de que o usuario abandone a páxina, notificacións push, pixeles de retargeting…). Calquera tipo de acción que axude a aproveitar a inversión feita para esta campaña e reter eses potenciais clientes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da súa navegación. Se continúas navegando aceptas o seu uso. mais información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar