Auditorías a empresas da Costa da Morte
A finais de setembro e principios de outubro deste ano 2019 celebramos dúas sesións de auditoría dirixidas ás empresas da Costa da Morte. Durante tres horas falamos de páxinas web –necesito unha? Canto debo investir?–, redes sociais –cales empregar e como–, creación de contidos e de outras ferramentas de comunicación. Analizamos a situación de cada unha das empresas asistentes que saíron ca receita que lles dicía que pasos debían dar na comunicación do seu negocio.
A idea eran que aprenderan as unhas das outras e nós de todas, porque elas son quen mellor coñecen as súas empresas e como chegar aos seus clientes.