Equipo Arela Comunicación Sostible

Queres traballar en Arela?

En Arela queremos sumar a unha persoa ao noso equipo. Necesitamos incorporar un perfil júnior, que conte con algunha experiencia e con moitas ganas de traballar e aprender xuntas.

Que facemos nós?

Desenvolvemos proxectos de márketing sostible. Iso significa dúas cousas. Que deseñamos proxectos á medida dos obxectivos e dos recursos de cada cliente, de xeito que se poidan soster no tempo e ir medrando pouco a pouco. E que nos gustan as empresas, as entidades, as persoas coas que compartimos valores, que respectan e coidan os lugares nos que traballan e a xente que as acompaña. 

Que farías ti?

Necesitamos unha persoa que nos axude na xestión de redes sociais e na creación de contidos (para blogs, páxinas web, tendas en liña, redes sociais, email márketing…). Cando leves un tempo traballando con nós, tamén nos gustaría implicarte na xestión de proxectos e que colabores no deseño das estratexias que creamos. 

Que buscamos?

  • Usuaria/o activa de redes sociais. É importante que coñezas o funcionamento das redes sociais principais e que teñas a capacidade de adaptarte e aprender nun entorno que cambia todos os días. Se xestionas algunha comunidade en redes sociais, indícao no teu currículo ou no correo que nos envíes. 
  • Escribes ben en galego e castelán. Ter a capacidade de crear textos para o mundo online e escribir ben nos dous idiomas é fundamental. Se escribes nun blog ou creaches contidos para algunha web, cóntanolo.
  • Capacidade de crear contido multimedia. Non é imprescindible pero é un punto máis ao teu favor que che guste a creación de contidos de foto e vídeo. 
  • Es activa/o, con iniciativa propia e ganas de compartir ideas/solucións co equipo. 
  • Es quen de participar en diferentes proxectos a un tempo (somos un equipo pequeno).
  • Compartes certa sensibilidade ou interese por proxectos vinculados ao territorio, desenvolvemento rural, turismo sostible, comercio electrónico e iniciativas con impacto social.

Desenvolvemos o noso traballo desde Os Ancares e O Ribeiro. Traballamos en remoto e desde sitios “remotos”, polo que ti tamén podes vivir onde queiras. Tan só un ou dous días ao mes terías que traballar desde Os Ancares ou O Ribeiro.

Pensamos que no noso blog e web hai información suficiente para que nos coñezas e decidas se Arela podería ser un bo proxecto para ti. Se esta oferta encaixa co teu perfil e che apetece traballar con nós, envíanos o teu currículo a ola@arela.gal

NOTA: Máis importante que o currículo é que nos contes por que che gustaría unirte ao noso equipo.

Estamos desexando lerte!

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da súa navegación. Se continúas navegando aceptas o seu uso. mais información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar