-
Queres traballar en Arela?
En Arela queremos sumar a unha persoa ao noso equipo. Necesitamos incorporar un perfil júnior, que conte con algunha experiencia e con moitas ganas de traballar e aprender xuntas. Que facemos nós? Desenvolvemos proxectos de márketing sostible. Iso significa dúas cousas. Que deseñamos proxectos á medida dos obxectivos e dos recursos de cada cliente, de…
-
Calendario Arela 2020: as datas importantes para a comunicación do teu proxecto
Dende Arela queremos facervos un pequeno agasallo de final de ano que pensamos vos pode resultar útil para a comunicación do voso proxecto durante o 2020. Planificar os contidos que imos publicar no blog e nas redes sociais, ou deseñar unha campaña dunha tenda de comercio electrónico cómpre facelo cun ollo posto no calendario. Atoparedes…
-
Cos pés na Terra e os produtos na nube
As compras online e as tendas en liña forman parte do noso día a día como consumidores, non hai máis que ver a cantidade de paquetes que os mensaxeiros distribúen a diario polas nosas cidades e vilas (non sempre procedentes de tendas galegas). Os xigantes do comercio online captan a maior parte das compras na…
-
Formación para guiarte ca comunicación da túa empresa
O vindeiro mércores 25 de setembro, de 18:00 a 21:00, ou o sábado 5 de outubro de 10:00 a 13:00, en Cee –ti escolles que data che vén mellor–, en Arela impartimos unha pequena formación para axudarche ca comunicación da túa empresa. Non todos necesitamos unha páxina web moi complexa nin botar todo o día…
-
Queres traballar con nós?
En Arela queremos incorporar ao noso equipo unha persoa en prácticas a través dunha bolsa FEUGA. Se che gusta o márketing e a comunicación, desfrutas creando contidos, xestionando comunidades online e vives na Costa da Morte (ou queres mudarte aquí), estamos desexando coñecerte! O perfil que queremos incorporar non precisa ser experto en ningunha área…
-
“Suma en Ponteceso”: campaña de promoción do comercio local
Un dos nosos sinais de identidade é apostar polos lugares pequenos e “pouco rendibles”. Nós somos da aldea, desas nas que cada vez vive menos xente e nas que cada día custa máis que se escoite a súa voz. Berran que están cheas de recursos que cómpre coidar…, pero baixiño. Traballamos na Costa da Morte…
-
Listado de medios en galego para seguir en Twitter
O xoves 7 de febreiro á noitiña atopamos en Twitter a chamada de AMEGA (Asociación de Medios En Galego) a chiar polo Día dos Medios en Galego. Rechouchiamos, publicamos a nosa foto con Que Pasa na Costa, e por curiosidade, empezamos a ler as publicacións relacionadas ca campaña. Non puidemos evitar sorprendernos ante tanto medio…
-
Obradoiro sobre comunicación na rede impartido por Arela en Ponteceso
O pasado mes de setembro, a Asociación de Empresarios de Ponteceso convidounos a impartir un obradoiro sobre comunicación na rede e xestión de redes sociais para os seus asociados. A nosa proposta foi analizar a situación de cada empresa (páxina web, redes sociais, outras ferramentas de comunicación que poden usar, etc.) e compartir esa…
-
Arela Comunicación Sostible:
No primeiro post que compartimos no noso blog queremos que coñezades un pouco máis sobre David (D), sobre Ana (A) e sobre o que nos move a formar parte dun proxecto como Arela. Comunicación D. Hai cinco anos que creei un proxecto que se apelidaba “márketing de contidos”. Pretendía desenvolver proxectos de comunicación online e…