11 ferramentas para marketing dixital gratuitas
Internet e as novas tecnoloxías cambiaron completamente o noso estilo de vida, desde a forma en que compramos ata a forma na que traballamos. Na rede, hai unha gran oportunidade para a xente que aposta por quedarse a vivir en lugares pequenos.
Ferramentas de marketing gratuitas para facilitar o teu traballo, desde onde sexa que traballes.
Aproveitar esta oportunidade para traballar desde lugares máis ou menos afastados dos grandes núcleos de poboación, pasa na maioría dos casos por emprender proxectos propios ou por darlle un pulo tecnolóxico aos proxectos xa existentes, rompendo as barreiras xeográficas que os separan de moitos clientes.
Comezar un negocio dixital ou dar o salto a este plano debería ser máis sinxelo nos tempos que corren, grazas á cantidade inxente de ferramentas de marketing dixital gratis que podemos atopar no mercado.
Ferramientas dixitais para persoas reais.
Dicimos que debería ser máis sinxelo porque ás veces, entre tanta cantidade de opcións, podemos perder a verdadeira esencia dunha ferramenta dixital de marketing: facilitar a vida das persoas e a realización do seu traballo, independentemente do lugar onde se atopen.
Neste artigo queremos compartir algunhas das ferramentas que nos facilitan o traballo a nós no día a día. Non somos unha gran empresa con procesos complicados de negocio, polo que á hora de seleccionar unha ferramenta para traballar, valoramos estes tres puntos:
- Que responda ás necesidades reais que temos.
- Que facilite o noso traballo en vez de complicalo con pasos innecesarios, porque sabemos que se non é fácil non o imos ser capaces de incorporar na nosa rutina.
- Que teña un custe que nos poidamos permitir.
Porque como dixemos, a función destas ferramentas é facilitar e poñer orde no caos do día a día. Son o medio para un fin e non un fin en sí mesmo. Imos a por elas!
Trello
Comezar por organizarse. Esta podería ser a mellor recomendación á hora de ser máis eficiente e resolutiva. E no eido dixital, traballando en remoto, é unha máxima. Para a xestión dos nosos proxectos e clientes, empregamos Trello.
Seguro que algunha vez empregaches post-it para apuntar tarefas ou organizalas; pois ese mesmo principio é o que emprega esta ferramenta de xestión de proxectos. Terás un taboleiro dixital no que colocar tarxetas de tarefas e organizalas como consideres, en función do avance do proxecto.
A nosa recomendación é empezar por un método básico para organizar o teu taboleiro, por exemplo cun listado para tarefas pendentes, outro para tarefas que estás traballando e outro para as que xa están rematadas. Desta forma, cambias a tarxeta de listado en función do seu estado e podes ver como o taballo vai fluíndo!.
Google Drive
Dependendo da túa idade, é posible que xa non recordes cando nas oficinas todo se almacenaba en papel, dentro de carpetas e pesados arquivadores. Hoxe, a información non ocupa un ‘lugar físico’ (polo menos non na nosa casa ou na nosa oficina).
Google Drive é a ferramenta que empregamos para almacenar información na nube de forma sinxela, ordenada e accesible desde calquera lugar (con conexión a Internet).
Para comezar non se precisa unha conta de pago, simplemente creando unha conta de Google tes acceso a almacenamento en Google Drive e a ferramentas tan interesantes como Google Docs, Google Sheets e Google Slides. Google Drive é o lugar onde almacenar información (documentos, fotos, vídeos, etc.), pero ademais permite traballar de forma colaborativa sobre os documentos e dunha forma intuitiva para todos.
Skype
Se queres que o teu negocio sexa globar a pesar de estar na túa casa ou pequena oficina perdida nas montañas (como a miña nos Ancares), vas ter que comunicarte. Comunicarte tanto co teu equipo, como cos teus colaboradores, provedores ou clientes. Esta parte facilítaa Skype de forma gratuita: falar cos teus clientes/colaboradores cara a cara mediante videoconferencia e escribirte con eles grazas ao chat. Solo precisas crear unha conta e descargalo no teu ordenador ou dispositivo móbil.
Para comunicarnos internamente ou con clientes, tamén empregamos Slack, que nos ofrece máis posibilidades que Skype, pero para algunhas persoas non resulta tan intuitivo.
Calendly
Se queres que a túa axenda non sexa un caos, é hora de que te pases a Calendly. Con esta ferramenta terás un lugar onde os teus contactos son os que organizan as citas contigo, olvidándote de enviar e recibir varios emails para cadrar as axendas. Solo terás que configurar as datas e o tempo que tes dispoñible e eles serán os encargados de axendar a cita no calendario.
Poderás ademais configurar avisos por correo para que non te olvides de nada e poidas preparar con antelación estas xuntanzas ou determinar o número máximo de citas ao día, entre outras moitas opcións. É moi útil para organizar demostracións online ou para organizar a axenda de xuntanzas nun evento.
Canva
É un problema habitual no caso de moitos dos nosos clientes: cada vez que teñen que preparar un deseño e abrir Photoshop (ou no peor dos casos Paint), entran en pánico. É normal, porque ainda que cada vez é máis necesario, non todos sabemos manexarnos cos programas de deseño.
Canva é unha ferramenta de deseño tipo drag and drop (arrastrar e soltar) onde tes literalmente, millóns de recursos á túa disposición.
Se queres deseñar un cartel, telo; unha publicación para Facebook, tamén a tes. O mellor: asegúraste de que as dimensións e resolucións das imaxes son as correctas para cada soporte.
Typeform
É a ferramenta que empregamos cando queremos obter información de forma directa dos usuarios. Typeform permite realizar enquisas e formularios en liña. Seguro que tes moitas ideas pero non sabes o que lles parecerán aos teus clientes, ou tes medo de perder o tempo nalgo que despois non vai a funcionar. Aquí tes a solución!
Loom
Sempre escoitamos iso de que “unha imaxe vale máis que mil palabras”, pois non imaxinades canto nos facilita a vida poder explicar cun vídeo calquera dúbida ou consulta.
Loom é a ferramenta de gravación que che permitirá gravarte e gravar a túa pantalla para explicar calquera cousa que precises. Utilizámola para ensinarlle aos nosos clientes onde atopar un dato de Google Analytics ou para reproducir un erro dunha web e pasarllo ao programador para que o solucione.
WeTransfer
Grazas a WeTransfer compartimos arquivos de gran tamaño con provedores, colaboradores e clientes de forma rápida e sinxela. Subimos os arquivos á súa plataforma e indicamos o email da persoa á que llos queremos enviar. Nun momento, esa persoa recibe unha ligazón desde a cal descargar os arquivos.
Google Analytics
Si estás en Internet e tes unha web, tes que ter Goolge Analytics configurado. Probablemente sexa unha das ferramentas gratuitas de análise máis potentes do mercado. Permite monitorizar os usuarios que entran nunha web, saber de onde veñen e analizar as súas pautas de comportamento no sitio (entre outras moitas cousas).
En Arela pasamos media vida navegando e analizando os datos que nos facilita esta ferramenta sobre os proxectos dos nosos clientes.
Mailchimp
Mailchimp é unha das ferramentas de email marketing máis empregadas, en parte porque permite ter unha conta gratuita con ata 2.000 contactos e é moi fácil de empregar sen ter uns grandes coñecementos técnicos.
Con Mailchimp podes crear campañas de email básicas empregando as plantillas predefinidas, polo que se convirte nun gran aliado para calquera negocio que traballe cunha base de datos de clientes ou contactos.
Billin
As facturas e orzamentos son unha parte importante da imaxe de marca de calquera empresa. Billin é unha ferramenta de facturación pensada para autónomos e PEMES. Se o teu negocio non ten un gran volume e se solo queres preparar facturas e orzamentos de forma gratuita pero cunha imaxe profesional e sen necesidade de manexar complicadas follas de datos, tes esta páxina na súa web onde crealas gratuitamente.
Pero se precisas ir un pouco máis alá, aquí é onde entra realmente Billin para axudarche, porque permite enviar as facturas e orzamentos de forma automática aos teus clientes e ter un control total sobre as túas finanzas.
Dentro da plataforma terás un paner no que ver o que levas facturado, os impostos que tes que pagar e ademais tes a posibilidade de subir as facturas recibidas e os gastos gracias á súa App ou en pdf, para que o teu balance sexa o más axustado á realidade e que cada final de trimestre non sexa unha auténtica loucura.
Consideracións sobre as ferramentas dixitais.
Todas as ferramentas que recomendamos neste artigo contan cunha versión gratuita ou con algunhas funcionalidades moi útiles polas que non é preciso pagar. A maioría conta cunha App móbil para poder acceder a elas desde o teu smartphone, algo que nós tamén valoramos porque nos permite consultar información sen necesidade do ordenador.
Nalgúns casos precísase algunha funcionalidade avanzada destas ferramentas, como é o caso de Billin (que nos permite controlar gastos-ingresos) ou Mailchimp (que nos permite unha integración bastante completa con Prestashop). Nese caso, a maioría contan con plans de pago anuais que se realmente lles sacas proveito, son un gasto xustificado para o teu negocio porque che poden aforrar moito tempo.
Estas son ferramentas gratuitas para un negocio de marketing dixital cas que nós traballamos e cas que nos sentimos cómodos no noso minifundio, pero na rede tes un montón de opcións. A nosa recomendación: antes de decidirte por unha ferramenta, compara con outras opcións similares para atopar a que máis se adapta ás túas necesidades.