-
Queres traballar en Arela?
En Arela queremos sumar a unha persoa ao noso equipo. Necesitamos incorporar un perfil júnior, que conte con algunha experiencia e con moitas ganas de traballar e aprender xuntas. Que facemos nós? Desenvolvemos proxectos de márketing sostible. Iso significa dúas cousas. Que deseñamos proxectos á medida dos obxectivos e dos recursos de cada cliente, de…
-
É tempo de parar, mirar e cambiar
Nas últimas semanas estivemos conversando en Arela sobre que podemos compartir con vós que vos resulte verdadeiramente útil. O que é seguro é que esta crise nos obriga a mirarnos ao espello; mañá seremos máis libres ca hoxe de construír o noso camiño como nos pete. Quen sodes? Que facedes? Que queredes cambiar? O primeiro…
-
Conversar e aprender: 3 exemplos de profesionais en corentena
A incerteza é o sentimento máis compartido entre profesionais coma nós durante estas semanas. A receita é a mesma para todas: adaptarse ás novas condicións, aproveitar a oportunidade e cambiar o que haxa que cambiar, e prepararnos para o día seguinte. A nosa filosofía é a de traballar con profesionais cos que compartimos valores e…
-
Opennemas, o CMS para pequenos e medianos xornais dixitais
Comezar a andaina dun diario dixital pode chegar a parecer un camiño complexo, laborioso e custoso, sobre todo á hora de crear unha web cunha estética e organización de calidade. Ademais, a utilización de diferentes utilidades complementarias pero necesarias dentro da páxina, tamén coñecidas como widgets, son elementos que terminan encarecendo aínda máis o seu…
-
11 ferramentas para marketing dixital gratuitas
Internet e as novas tecnoloxías cambiaron completamente o noso estilo de vida, desde a forma en que compramos ata a forma na que traballamos. Na rede, hai unha gran oportunidade para a xente que aposta por quedarse a vivir en lugares pequenos. Ferramentas de marketing gratuitas para facilitar o teu traballo, desde onde sexa que…
-
Arela: especialistas en márketing de minifundios
Un minifundio é unha ‘propiedade rural ou explotación agrícola de pequenas dimensións’. En Arela presumimos de traballar dende dous polos do desenvolvemento tecnolóxico galego: Cee e Os Ancares. Se dicimos que contamos cas mellores infraestruturas e que aquí están os mellores profesionais do noso sector estariamos facendo algo que nunca se fixo neste sector, que…
-
Calendario Arela 2020: as datas importantes para a comunicación do teu proxecto
Dende Arela queremos facervos un pequeno agasallo de final de ano que pensamos vos pode resultar útil para a comunicación do voso proxecto durante o 2020. Planificar os contidos que imos publicar no blog e nas redes sociais, ou deseñar unha campaña dunha tenda de comercio electrónico cómpre facelo cun ollo posto no calendario. Atoparedes…
-
Cos pés na Terra e os produtos na nube
As compras online e as tendas en liña forman parte do noso día a día como consumidores, non hai máis que ver a cantidade de paquetes que os mensaxeiros distribúen a diario polas nosas cidades e vilas (non sempre procedentes de tendas galegas). Os xigantes do comercio online captan a maior parte das compras na…
-
Como optimizar unha tenda en liña para vender en Black Friday?
Entramos na tempada clave para o comercio electrónico e as tendas en liña. Tres meses (novembro, decembro e xaneiro) nos que se concentran as campañas máis importantes do ano (Black Friday, Nadal e Rebaixas). O 29 de novembro, Black Friday, será para moitas tendas en liña, o día que máis pedidos online reciban de todo…
-
Formación para guiarte ca comunicación da túa empresa
O vindeiro mércores 25 de setembro, de 18:00 a 21:00, ou o sábado 5 de outubro de 10:00 a 13:00, en Cee –ti escolles que data che vén mellor–, en Arela impartimos unha pequena formación para axudarche ca comunicación da túa empresa. Non todos necesitamos unha páxina web moi complexa nin botar todo o día…